Luís Rei non quere falar sobre as acusacións verquidas no pleno da pasada semana

Pontevedra> A precampaña xa está aquí , Luís Rei, presentou esta mañá a proposta do seu partido en canto ao transporte urbano. Unha comparecencia na que non quixo facer declaración sobre as acusacións verquidas no último pleno ao asegurar que a Policía Local ocultou positivos por alcoholemia de membros destacados da corporación. Rei considerou que hoxe non era o día de falar, ao igual que o dixo no día de onte.

Pese a que a oposición pide explicacións parece que Luís Rei non ten, de momento, interese en falar sobre as graves acusacións verquidas no pleno da semana pasada onde aseguraba que a Policía Local ocultou positivo por alcholemia de membros destacados da corporación.

Unhas declaracións que realizou xa nun acto de precampaña onde presentou a súa proposta de transporte urbano.

Unha proposta que pasaría por contar cunha liña circular na cidade.

Unha proposta que contaría cunha ampla e forte campaña de promoción.

Seria este o primeiro paso da xestión dunha empresa de Transporte Urbano de Pontevedra, de xestión pública segundo os plans de Marea, unha empresa que tamén se faría cargo das prazas de aparcadoiro que en o concello en propiedade e do servizo de guindastre municipal.