As Rías Baixas, zona líder da náutica de recreo en Galicia

PONTEVEDRA> O mes de xullo sitúa a Combarro como o porto que máis embarcacións recibiu en toda Galicia. O peirao poiense acolleu 433 barcos, cifra que supón un incremento dun 356% respecto do mesmo mes do ano anterior. As Rías Baixas consolídase como zona líder neste campo, cunha suba dun 19%.

 

O pasado mes de xullo consolida as Rías Baixas como zona líder no desenvolvemento da náutica de recreo. Respecto do ano pasado, o incremento do número de tránsitos foi do 19,1%.

Nos 24 peiraos galegos, o crecemento foi dun 11.1% con 2.330 barcos recibidos. Maioritariamente foron estranxeiras, sobre todo francesas, irlandesas e británicas.

Os bos datos mantéñense se nos achegamos en detalle aos portos da ría de Pontevedra.

Deles, Combarro foi a suba máis chamativa. De feito, o peirao de Poio foi no mes de xullo o que máis embarcacións recibiu en toda Galicia: 433 barcos escolleron as instalacións pontevedresas.

Para Portos de Galicia estes datos veñen confirmar o importante peso que está a adquirir esta actividade na comunidade.

Segundo Durán, a intención é manter este esforzo. O ente autonómico xa traballa no plan promocional para o 2016 en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, estando presentes en Fitur, nos Salóns Náuticos de Pavois, La Rochelle e Parín ou nas presentación de Dublín e Cork. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/transitos_portos_xullo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/transitos_portos_xullo.mp4{/flowplayer}