Poio esixe á Xunta melloras na PO-308 tras rexistrarse no 2022 máis de 200 accidentes nesa estrada

POIO> O Concello de Poio alerta da alta sinistralidade da estrada PO-308. No 2022, esta vía de titularidade autonómica, rexistrou máis de 200 accidentes, cunhas 70 persoas feridas e tres vítimas mortais. O goberno local pídelle á Xunta investimentos urxentes para mellora-la seguridade viaria dunha estrada pola que transitan a diario milleiros de vehículos.

O estado da estrada PO-308 segue a xerar debate en Poio. O Concello fixo balance esta mañá do número de sinistros que se rexistraron nesta vía de titularidade autonónica no 2022. Un exercicio especialmente negro en canto a accidentes nesta estrada, acadando a cifra récord de 209 accidentes, uns 70 feridos e tres persoas mortas.

O tramo entre A Barca e A Porteliña en San Salvador, as avenidas da Cruz e da Costa en Combarro ou San Xoán son os principais puntos conflitivos.

A concelleira de Seguridade Cidadá critica que a Xunta, titular da estrada, siga sin tomar medidas para o reforzo da seguridade viaria. Marga Calda insta ao goberno galego a actuar axiña.

Medidas de urxencia, di Marga Caldas, mentres non se execute un proxecto integral de mellora que vaia máis alá dos treitos nos que a Xunta si está actuando nestes momentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí