Máis de 135 actividades celebran os quince anos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil

PONTEVEDRA> Pontevedra ultima os preparativos para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil. A gran cita da capital coa lectura cumpre 15 anos e, co lema “Cociñando contos”, xa conta con máis de 8 mil nenos e nenas inscritos para participar nalgunha das diferentes actividades que propón.

Máis de 135 ingredientes compoñen a receita do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que celebra o seu décimo quinto aniversario.

Nesta edición, lectura e comida van da man. Baixo o lema “Cociñando contos” a organización agarda romper records de participación.

As visitas tamén chegan de fóra da comarca: ata 50 centros de toda Galicia teñen programado achegarse ata o salón. De aí que o dos colexios sexa un papel que queira resaltar.

Ademais dos obradoiros, contacontos, exposicións e obras preparadas especialmente para o salón, o programa deste ano abre as súas portas ó cine.

A parte dos máis pequenos, o salón quere fidelizar ós que xa non o son tanto. Por iso os adolescentes terán un espazo exclusivo para eles.

O Salón arrancará oficialmente o vindeiro día 14 de marzo e prolongarase ata o 5 de abril, pero o concello xa encherá de actividades a semana previa. Unha ruta de escaparates decorados, contacontos en librerías colaboradores ou balcóns do centro histórico adornados por Kiko da Silva son algunhas das iniciativas coas que o Salón sairá do auditorio ás rúas pontevedresas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/06/ptac_salon_libro_060314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/06/ptac_salon_libro_060314.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí