VILAGARCÍA> 33 colectivos vinculados ao mar e ao medio ambiente presentan alegacións contra a proposta de dragado do río Lérez. Queren evitar que eses áridos acaben na boca da ria de Arousa. Advirten das consecuencias que esta operación pode ter, porque o punto previsto para o vertido é onde se produce o afloramento da ría, co impacto que iso pode ter na produción. Alertan tamén da presenza de mercurio neses lodos. Piden ademais que se compense economicamente aos sectores afectados no tempo que duren estes traballos.
Un total de 33 colectivos, como confrarías, plataformas ecoloxistas e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa únense para evitar que os lodos do Lérez acaben na boca da ría de Arousa. Acaban de presentar alegacións ante Portos de Galicia para mellorar as condicións desta operación.
Esa é a proposta que defenden eles, o punto A fronte ao B, porque neste último o impacto medioambiental para a ría pode ser grave, tendo en conta que o lugar previsto para o vertido é na canle de entrada da ría.
Advirten que o depósito 500.000 metros cúbidos de áridos nese punto afectará á produtividade da ría, favorecendo as mareas vermellas.
Neste caso, poñen o foco na presenza de mercurio nos lodos do Lérez pola actividade histórica de Elnosa e Ence.
O problema, explican, é que se está a incumprir a normativa e as mostraxes se están a coller das capas superficiais.
Ao mesmo tempo piden que se garante unha compensación ao setor marisqueiro no tempo que dure esta actuación, porque demandan que se prohiba a súa actividade durante os traballos de dragaxe.











