Fernández Lores acusa a PP e PSOE de ‘ter unha obsesión contra o modelo Pontevedra’

PONTEVEDRA> O BNG de Pontevedra fixo hoxe balance do que levamos de campaña. O seu candidato Miguel Anxo Fernández Lores apuntou á coincidencia dos discursos que, asegurou, están a defender cara estas eleccións o Partido Popular e o Partido Socialista. O alcaldable nacionalista cre que teñen unha obsesión contra o modelo Pontevedra e acúsaos de realizar unha pinza destrutiva.

Para o candidato do BNG en Pontevedra, entre os discursos defendidos nesta campaña electoral polo Partido Popular e o Partido Socialista hai numerosas coincidencias.

A apertura ao tráfico da avenida Raíña Vitoria, a insistencia na redacción dun novo PXOM ou a oposición aos lombos son algunhas das coincidencias que Miguel Anxo Fernández Lores detectou nos postulados populares e socialistas.

Fernández Lores destacou tamén o bo ambiente e a receptividade que, asegurou, están a percibir nos actos do BNG sobre a súa candidatura. Por iso volveu apelar de cara este 28 de maio ‘aos que lle queren a Pontevedra’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí