POIO> Poio súmase ao tirón da bicicleta. Co apoio do concello e da peña ciclista Os Bicivoadores, a comunidade de Montes de Combarro porá en marcha o 30 de agosto a primeira xuntanza BTT Ruta dos Miradoiros: 30 km de circuíto para coñecer os segredos dos montes comunais da zona. A inscrición é de balde, pero cun punto de vista solidario: en vez de cartos, os participantes deberán entregar un quilo de comida non perecedoira.
O 30 de agosto nacerá en Combarro a primeira Xuntanza BTT Ruta dos Miradoiros. A iniciativa nace da Comunidade de Montes de Combarro, nunha aposta por poñer en valor a riqueza natural dos montes da zona.
A saída será ás 9 e media da maña dende o Instituto de Poio, que tamén será o punto de chegada. Entre medias, os participantes percorrerán 30 quilómetros polos montes nunha proba que non busca a competición.
A organización agarda que como mínimo participen entre 500 e 600 ciclistas nesta proba que, ademais, ven marcada tamén pola solidariedade. A inscrición é de balde pero, a cambio, os participantes terán que entregar un quilo de comida non perecedeira.
Esta é a primeira comunidade de montes que en Poio se anima a presentar unha iniciativa así. Agora traballan para preparar unha ruta de sendeirismo, na que poderían contar coa colaboración da comunidade de Samieira.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/ruta_btt_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/07/ruta_btt_poio.mp4{/flowplayer}