POIO> A Xunta reforza a súa aposta polo Camiño do Litoral. O goberno galego puxo en marcha unha campaña de promoción para convertelo nunha experiencia cada vez máis visible, máis accesible e máis conectada cos viaxeiros e os concellos galegos. A campaña está destinada aos 78 municipios que forman parte do itinerario desta ruta costeira.
Facer do Camiño do litoral unha experiencia cada vez máis visible, máis accesible e máis conectada cos viaxeiros que o percorren e cos concellos costeiros galegos. É o obxectivo da campaña de promoción posta en marcha pola Xunta de Galicia.
A campaña foi presentada esta mañá na oficina de turismo de Combarro, no concello de Poio. No seu marco, cada un dos 78 municipios que forman parte deste Camiño recibirán carteis promocionais con códigos QR para acceder á aplicación móbil do Camiño, materiais para os mostradores das oficinas de turismo e recursos para entregar aos peregrinos e camiñantes.
Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia destacou o potencial turístico do Camiño do Litoral que se enmarca nos obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030.
O Camiño do Literal engloba a 78 municipios e conta con 52 etapas que conforman un itinerario de 1.373 quilómetros pola costa galega.











