Cambados esperar ‘unir á Volta’ a máis de 2.500 persoas

cambados250_unete_volta.jpgCAMBADOS> O Concello espera reunir a máis de 2.500 persoas na Festa da Bicicleta que se celebra o domingo 6 de maio. Nesta 21º edición Unipublic instalará na praza de Fefiñáns os arcos e o podio oficiais da Vuelta a España, …

{flowplayer}images/salnes/cambados_unete_volta.flv{/flowplayer}

… amais de pantallas xigantes que proxectarán vídeos sobre as etapas da proba ciclista que pasarán pola provincia de Pontevedra.

A partir das dez da mañá deste domingo Cambados unirase á Volta. Desde o Concello confían en repetir como a localidade galega con maior participación nesta festa da bicicleta. E a elo contribuirá o equipo de goberno local, co alcalde á cabeza, e mailo presidente da Deputación de Pontevedra.

O percorrido será o mesmo de edicións anteriores, con entrada e saída na praza de Fefiñáns, o mesmo lugar de onde partirá o 29 de agosto a contrarreloxio da Vuelta a España. De novo haberá sorteos, de bicicletas e diverso material deportivo e premios, por exemplo para a familia máis numerosa ou ó participante de maior idade.

Redacción Salnés