O humor de Ricardo de Barreiro inaugura o San Bartolomeu de Noia

    NOIA> Ricardo de Barreiro deleitou ós noieses cun pregón cargado de referencias anecdóticas a esta vila, na que aínda que non naceu, pasou boa parte da súa infancia e mocidade. O polifacético artista deu o pistoletazo de saída ás festas de San Bartolomeu que se desenvolverán ata o vindeiro mércores. Un dos pratos fortes do cartel festivo é o concerto de Soraya previsto para esta noite. Pero non é o único. Música popular, folk, rock e as orquestras máis punteiras de Galicia conforman o programa musical. Haberá ademais actividades para os máis pequenos, exposicións, monólogos, exhibicións deportivas e degustacións gastronómicas. Unha ampla oferta que ten por obxectivo contentar a tódolos públicos. A pesar da premura con que se organizaron os festexos, xa que o goberno tomaba posesión hai dous meses, conseguiron elaborar un programa de gran nivel que de seguro deixará gran sabor de boca a todos os que durante estas festas se acheguen ata Noia.