A Xunta promove a formación para guías das Illas Atlánticas

    BARBANZA> A Dirección Xeral da Conservación da Natureza, dependente da consellería de Medio Ambiente, está a organizar un curso gratuíto de Formación de Guías na Rede de Parques Nacionais. Nel participan un total de cincuenta persoas que foron previamente seleccionadas de toda España a través dunha convocatoria pública. O curso pretende achegar información sobre os diversos métodos para a protección dos espazos que contribúen á mellora do patrimonio natural e da biodiversidade, tratando de conseguir que os futuros guías estean capacitados para difundir entre os visitantes a utilidade destas zonas protexidas.