Medio Ambiente iniciará en abril a rexeneración da duna de Corrubedo

RIBEIRA> A Xunta de Galicia investirá 380 mil euros en traballos de protección da duna de Corrubedo. As actuacións, centradas en frear o avance do bosque de piñeiros, darán comezo en abril e contan cun prazo de execución de 20 meses.

A Conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, anunciou esta mañá durante unha visita ó parque dunar de Corrubedo o inminente inicio dos traballos de recuperación da duna. O departamento autonómico destinará 380 mil euros procedentes de fondos europeos a frear o avance do bosque de piñeiros que pon en risco a integridade do ecosistema dunar. As actuación dividiranse en 10 polígonos e prolongaranse durante 20 meses.

Vázquez realizaba este anuncio no marco das actividades desenvolvidas para conmemorar o Día Mundial da Auga para o que se desprazou ou parque natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Aproveitou ademais para presentar a nova imaxe do programa ‘7 días, 7 parques’ quee busca fomentar o turismo de natureza.

Para participar e completar o reto só hai que achegarse ata algún dos centos de visitante e solicitar o pasaporte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí