Telmo Martín tilda de ‘derrotado e sen ideas’ ó goberno local de Pontevedra

    telmo_martin_17.04.07.jpgPONTEVEDRA > Indignado e doído. Así se sínte o candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Telmo Martín, tras coñecer que o goberno…

    …local non autorizou a instalación na praza da Ferrería da carpa “A nova Pontevedra”. Esta infraestructura tiña como meta achegar o proxecto do PP ós veciños de Pontevedra. Telmo Martín compareceu hoxe ante os medios de comunicación de Pontevedra para transmitir a súa indignación polo comportamento do Concello ante a súa campaña.

    O candidato popular estivo arroupado polo seu número sete na lista, Xosé Manuel Fernández e por Jacobo Moreira número nove. Telmo Martín tiña previsto que a céntrica praza da Ferrería albergase entre o 4 e o 19 de maio ós 130 metros cadrados da carpa sobre a “Nova Pontevedra”, a pedra angular do seu proxecto. Segundo o PP, en primeira instancia o goberno local transmitiulle verbalmente o seu beneplácito para máis tarde denegarlle este permiso, esgrimindo, segundo o candidato, argumentos febles e ambiguos. Telmo Martín tildou de anticonstitucional á actuación do goberno local.

    O Concello autorizoulles dous días. Segundo Martín este prazo fai inviable o evento tanto económica como loxisticamente. O candidato a alcaldía asegurou que o goberno local quere impedir que os cidadáns coñezan o seu proxecto e afirmou que dende o partido existen máis recursos para achegar o proxecto ós pontevedreses. Telmo Martín apuntou que o actual goberno esta derrotado e carente de ideas. A candidata socialista e actual tenente de alcalde, Teresa Casal asegurou que non tiña coñecemento desta situación e apuntou que é competencia do concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillerme Vázquez.

    Redacción Salnés