O concello pide á sociedade que se opoña ao ‘crime contra a ría’ da prórroga de ENCE

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/silva_sobre_ence.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/21/silva_sobre_ence.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Ence insiste en quedar na Ría de Pontevedra. A pasteira volveu presentar no Ministerio de Medio Ambiente a solicitude de prórroga do concesión da fábrica en Lourizán. Para o concello, a petición é un crime contra a ría. A tenente de alcalde pediu á sociedade que se mobilice para evitalo, e á Xunta que empregue as súas competencias para impedir que Ence se eternice na ría.

O pasado 31 de xullo, Ence presentou ante o Ministerio de Medio Ambiente unha solicitude de prórroga da concesión da fábrica en Lourizán. O estado ten agora tres meses para decidir.

Ante este movemento, o concello prevé recorrer en vía xudicial a resolución de Costas na que ratifica a legalidade da concesión. O prazo finaliza en outubro, pero antes o goberno local recorrerá á vía contencioso administrativa cun requirimento previo de anulación.

A tenente de alcalde tamén reclamou á Xunta que empregue as súas competencias en materia de ordenación do territorio para que ENCE siga na ría, pero Carme Da Silva cre que o Partido Popular está a negociar coa pasteira.

Da Silva fixo tamén un chamamento á sociedade. A concelleira pediu aos pontevedreses que estean atentos e se mobilicen para evitar a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra.