RIBEIRA> Ferido un traballador nun accidente laboral nas obras da depuradora de Ribeira, en Couso. O suceso producíase pasadas as doce da mañá cando o home, un veciño de Vilaboa de cincuenta e catro anos, foi atropelado por una escavadora que daba marcha atrás. Como consecuencia, perdía parte dunha perna xa que a pá pasoulle por enriba. Ata o lugar desprazouse un equipo médico que, ó comprobar a gravidade do ferido, que perdía moito sangue, determinou o seu traslado inmediato ó Hospital do Barbanza. Foi precisamente unha furgoneta da empresa construtora a encargada de trasladar ó ferido ata o centro comarcal para non ter que agardar pola ambulancia dada a gravidade da lesión. Persoal facultativo e un membro do Grupo Municipal de emerxencias acompañaron á vítima durante o traslado durante o que a policía local abriu paso para garantir a máxima celeridade. Ata o lugar desprazouse tamén un equipo da Policía Científica que iniciou unha investigación sobre o acontecido.
Inicio Barbanza - Muros - Noia