Barbanza experimenta un incremento da sinistralidade laboral

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/24/informesinistralidadelaboralccoo2404151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/24/informesinistralidadelaboralccoo240415.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Comisións Obreiras celebrou una asemblea de delegados en Ribeira para dar a coñecer os resultados do estudo sobre sinistralidade laboral que vén de elaborar o sindicato. Os datos revelan un incremento dos accidentes no traballo. A suba do índice de sinistralidade laboral ten especial incidencia no Barbanza que rexistra, en 2014, un incremento porcentual maior ó do resto da provincia. Por concellos, Ribeira sitúase á cabeza no número de accidentes que, durante o pasado ano, ascenderon a trescentos oitenta e un. En canto ó desglose comarcal por sectores, a industria acumula o maior número de sinistros seguidos da pesca, servizos e a construción. Estes datos reflicten tamén a tendencia a nivel autonómico, segunda comunidade con máis sinistralidade mortal tan só por detrás de La Rioja. Ó longo de 2014, 59 traballadores faleceron en accidentes laborais na nosa comunidade. Dende Comisións Obreiras responsabilizan ás administracións deste incremento da sinistralidade por tentar privatizar os sistemas de prevención polo que esixen unha maior implicación para garantir a seguridade e a saúde no traballo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí