O Vicepresidente da Xunta interésase polo traballo da cooperativa agraria Horsal

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/04/visita_rueda_horsal0409151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/04/visita_rueda_horsal040915.mp4{/flowplayer} CAMBADOS> O Goberno Galego destinou no último ano un axuda de preto de 150 mil euros para mellorar a calidade da súa produción. Acompañado do xefe territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé manuel Cores Tourís, e a propia alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as instalacións da cooperativa agraria Horsal. Alí puido coñecer o traballo que desenvolve esta entidade constituída no ano 1986 e que está integrada por un total de 147 horticultores da comarca. Durante a visita Rueda fixo alusión á axuda de preto de 150 mil euros que a Xunta destinou a esta cooperativa no último ano de cara a mellorar a calidade da súa produción e destacou a necesidade de unir esforzos para impulsar o sector primario en Galicia. Dende Horsal agradeceron o investimento realizado, que posibilitou a mellora da calidade da súa produción, a través da realización dun seguimento e trazabilidade do produto co que traballan. A principal actividade de Horsal é a comercialización dos produtos hortícolas dos seus socios, principalmente leituga e pemento. Mercadona é hoxe en día un dos seus principais clientes no mercado nacional. Coma retos de futuro aspiran a expandirse ó mercado internacional e iniciar o proceso da cuarta gama, para darlle máis valor engadido ó produto co que traballan habitualmente.