Ribadumia vive xa ao grande a Festa do Tinto do Salnés

RIBADUMIA> Ribadumia xa goza por todo o alto da Festa do Tinto do Salnés. Esta mañá inaugurouse de xeito oficial esta LiI edición, na que se dan cita máis dunha ducia de adegas. Pola carpa instalada en Barrantes pasaron xa multitude de persoas durante esta xornada. Por diante aínda queda moita troula, coas mellores orquestras de Galicia, o gran xantar de confraternidade ou a investidura dos valedores do viño.

Ribadumia vive xa ao grande a Festa do Tinto do Salnés. Os mellores viños danse cita xa na carpa instalada en Barrantes. Un espazo que abría este mediodía as súas portas cunha gran afluencia de público.

Na primeira xornada da festa, moita xente de Ribadumia e do resto da comarca, pero tamén os primeiros visitantes.

Esta edición número 52 quedaba inaugurada pasada a 1 do mediodía co tradicional corte de cinta. Unha parada obrigada para os amantes do viño que chega desta volta con avances no longo camiño para a legalización da folla redonda.

Nesta xornada o tempo non acompañou especialmente, algo que non preocupa ás 14 adegas participantes que participan na festa orgullosas do seu produto.

Premios que se farán públicos este sábado na gran cata final.

Día grande non só pola cata final. Tamén este sábado será a investidura dos novos valedores, o humorista ribadumiense Juan Meniño dará o pregón e celebrarase o xantar de confraternidade con 1.000 comensais á mesa. Todo isto acompañado de animación musical xa dende este pasado xoves. Hoxe á a quenda da Roda e as orquestras Capitol e kubo. O sábado estarán en Barrantes Broken Peach e as orqustras Os Satélites e Olympus. Pecha a programación o domingo a Panorama.