Lantero dará a coñecer nos vindeiros días o novo plan de viabilidade

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/plan_viabilidade_lantero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/plan_viabilidade_lantero.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Lantero anunciou este novo plan de viabilidade pero aínda se descoñecen cales serán as condicións. Iso si, dende a empresa aseguran que os primeiros en coñecer o seu contido será o comité de empresa, e que o fará nos vindeiros días.

Xa estamos na conta atrás para coñecer o novo plan de viabilidade que presentará Lantero. Segundo a empresa, as novas condicións daranse a coñecer nos vindeiros días.

Aseguran que o comité de empresa será o primeiro en coñecer este novo plan. Ademais, insisten en que están abertos a volver sentar cos traballadores e reiniciar as negociacións, rotas o pasado venres.

Dende Lantero tamén manifestaron o seu respecto ás medidas tomadas polos traballadores, como a apertura da conta para crear unha caixa de resistencia.