{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/24/mamparas_ilegais_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/24/mamparas_ilegais_vilagarcia.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> As terrazas protagonizan unha nova polémica en Vilagarcía. O pasado venres, catro establecementos da rúa A Baldosa instalaron toldos laterais no seu exterior. O concello asegurou que eses elementos son ilegais, e anunciou que a Policía Local realizará inspeccións para requirir ós hostaleiros con terrazas que legalicen as instalacións.
Tres anos despois da polémica ordenanza do goberno PSOE-BNG que regulaba as terrazas vilagarciás, estes espazos volven a estar de actualidade. O pasado venres, catro establecementos de A Baldosa instalaban toldos laterais.
As novas instalacións son completamente móbiles, de aí que os hostaleiros que optaron por elas non entendan por que están prohibidas.
Dende o concello, recoñécese que a solicitude fíxose o venres, pero matizan que foi o mesmo día no que se realizaron as instalacións e, polo tanto, non se cumpriu o procedemento establecido na ordenanza: despois da solicitude, o proxecto ten que ser valorado por unha comisión que acordaría o tipo de instalación máis acorde para a zona.
A partires de mañá, o concello requirirá ós hostaleiros con terrazas para que legalicen as súas instalacións. Unha acción que irá acompaña de inspeccións por parte da Policía Local.
O concello pediu a colaboración dos establecementos neste labor; pola súa banda, o propietario do Lembranza reclama cambios nunha ordenanza que considera incongruente e incompleta.