Concello de Deputación asinarán un protocolo con actuacións para este mandato

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/07/reunion_silva_lores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/07/reunion_silva_lores.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> Primeiro encontro oficial entre o alcalde de Pontevedra e a presidenta da Deputación de Pontevedra. Nunha xuntanza de tres cuartos de hora, Miguel Anxo Fernández Lores e Carmela da Silva acordaron a sinatura dun protocolo para os catro anos de mandato, que inclúa algúns dos proxectos que abordarán de xeito conxunto. Os dirixentes falaron dun novo pavillón deportivo para a cidade ou do saneamento dos Gafos. O que non estivo sobre a mesa, segundo aseguraron, foi ENCE.

Concello Pontevedra e Deputación asinarán un protocolo que recolla os proxectos máis importantes que as institucións realizarán de xeito conxunto nos vindeiros catro anos.

A realización dun vial que dea acceso á urbanización de Monte Porreiro dende Tafisa, o saneamento do dío de Os Gafos e da parroquia de Mourente, a construción dun novo pavillón dos deportes e de campos de herba sintética, ou a colaboración na futura planta de compostaxe, son algúns dos proxectos que figurarán neste protocolo e que esta mañá se abordaron no encontro.

Silva tamén celebrou a cordialidade do encontro co alcalde capitalino, e insistiu no novo funcionamento que quere imprimir o seu grupo de goberno á Deputación.

O que non estivo sobre a mesa, foi a polémica de ENCE. Carmela Silva evitou dar explicacións ao respecto, e remitiuse ás comparecencias que realizará esta semana en sé provincial para falar do acontecido o pasado venres.

Fora a propia Silva quen indicara hai uns días que aproveitaría o encontro con Fernández Lores para abordar o futuro da factoría e toda a polémica que se está a xerar ao seu redor.