Rematadas as obras de mellora de viais no polígono de Espiñeira

BOIRO> Rematadas as obras da segunda fase do Polígono Industrial de Espiñeira, en Boiro. A actuación, que supuxo a pavimentación dunha das principais vías do parque empresarial, vén dar resposta a unha vella demanda dos empresarios asentados nel.

O proxecto levado a cabo no parque empresarial de Espiñeira foi cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, cun custe total de máis de 116 mil euros.

Pola súa banda o alcalde, José Ramón Romero, destacou a importancia desta obra, que se suma a outra tamén en execución que permitirá a instalación de cámaras de vixilancia para dotar de maior seguridade ó polígono.

Non serán as únicas. O executivo boirense traballa xa noutras medidas coas que busca darlle maior dinamismo ó polígono, e con el fomentar o crecemento económico e a creación de emprego no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí