RIANXO> Aproveitando a proximidade das festas da Guadalupe que darán comezo este venres, o concello de Rianxo vén de presentar un vídeo promocional sobre o municipio. O interese turístico destas festas unido ós innumerables atractivos desta vila mariñeira fan de Rianxo un lugar único para visitar. A Guadalupe constitúe a mellor carta de presentación de Rianxo. Por esta razón, o concello decidiu apoiar unha iniciativa audiovisual proposta pola produtora local Ribeirart S.L. que leva por título ‘Que a festa non pare’. O videoclip recolle a esencia deste pobo mariñeiro a través das súas xentes, a súa cultura, a súa gastronomía e a súa máxima expresión festeira. Esta proposta musical e audiovisual será difundida a través das redes sociais. Os seguidores da publicación participarán no sorteo dunha estancia na vila durante as festas da Guadalupe do próximo ano. Os promotores da iniciativa agradeceron a colaboración de numerosas entidades e empresas locais así como de tódolos cidadáns anónimos que participaron na gravación do videoclip.
Inicio Barbanza - Muros - Noia