Sobreseída a segunda fase da Operación VIPE

    RIBEIRA> O Xulgado de Instrución Número dous de Ribeira decretou o sobresemento provisional da segunda fase da Operación Vipe. Levántase así a imputación sobre os dez detidos que pasaron a disposición xudicial a pasada semana no marco desta operación contra o furtivismo. Pola contra, continúa a instrución con respecto ós implicados na primeira fase do operativo iniciado o pasado mes de marzo co rexistro da confraría de Cabo de Cruz no que resultaron detidas catro persoas, entre as que figuran o ex patrón maior de Cabo de Cruz, Carmelo Vidal, e a ex presidenta de mariscadoras, Ermitas Vidal. Aínda que o xuíz decretou liberdade para os dous, permanecen imputados polos delitos de estafa, apropiación indebida e falsidade documental.