![]()
RIBEIRA> Representantes de Portos de Galicia e do concello presentaron o proxecto de execución ós usuarios das futuras instalacións.
{flowplayer}barbanza/proxectoexecucionlonxaribeira.flv{/flowplayer}
As obras, que darán comezo a principios deste verán, centraranse nesta anualidade na planta soto, que require a actuación en toda a superficie para a escavación e construción dos muros de contención. Neste punto, xa se están a barallar opcións para o traslado dos redeiros, entre as que gala peso o peirao comercial.
A intención de Portos de Galicia é que, unha vez iniciados, os traballos non sufran ningún parón. De aí, a necesidade dunha boa planificación da obra co fin de non interferir no funcionamento normal do porto.
Peticións do sector
No proxecto de execución recóllense as peticións formuladas polo sector o pasado mes de outubro entre as que figura a dotación dunha fábrica de xeo e un mecanismo de frío industrial para manter unha temperatura constante ou a dotación de muelles de carga e descarga tamén para minoristas.
Ademais o espazo de traballo dividirase en módulos, variables en función da demanda real dos usuarios.
Outros aspectos incluidos no proxecto de execución son, por exemplo, a implantación dun sistema para un mantemento eficiente dende o punto de vista enerxético ou a dotación dunha sala informatizada que posibilite a venda electrónica.
Redacción Barbanza









