Investigan as circunstancias que roderaron a desaparción de Carlos Ordóñez

    RIANXO> A angustiosa desaparición do mozo rianxeiro, Carlos Ordóñez, tivo un finalmente un feliz desenlace. Foi localizado trinta e seis horas despois nas inmediacións de onde aparecera o seu coche accidentado. Desorientado e sen apenas lembrar o acontecido antes do accidente, Carlos sospeita que puido ser drogado polo que a familia solicitará unha análise toxicolóxica. A colaboración veciñal foi a clave para atopar a Carlos Ordóñez en bo estado de saúde. Centos de veciños e cidadáns anónimos incorporáronse ó operativo de rastrexo desenvolvido por policía local, Garda Civil e Protección Civil, o que permitiu ampliar o radio de busca. A pesar do feliz desenlace, as circunstancias que rodearon a desaparición non están aínda claras. Nun primeiro momento apuntouse a que o mozo podería non estar só no momento do accidente polo que a Garda Civil mantén abertas varias liñas de investigación. A pesar de que a familia négase a facer declaracións, o que si trascendeu é que Carlos non lembra con claridade o acontecido polo que sospeita que lle puideron ter administrado algunha droga sen que decatase. Haberá que agardar ó resultado das probas toxicolóxicas que o propio mozo solicitou para arroxar luz sobre as posibles causas que rodearon o suceso.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí