Ribeira acollerá a mediados de mes a Feira da Educación

    RIBEIRA> Entre o 13 e o 15 de maio Ribeira converterase en sede de numerosos actos culturais que compoñen o cartel da Feira da Educación. o programa desenvolverase durante as tres xornadas no auditorio municipal. Comporase de diversos espectáculos bilingües para fomentar a práctica dos idiomas entre os máis cativos. Haberá tamén numerosas sesións de contacontos, clases de pandeireta e de baile tradicional. ademais das actividades dirixidas a escolares celebraranse diversas mesas redondas sobre a oferta educativa adicional, encontros con escritores, recitais poéticos e mesmo unha exhibición de robótica. Xadrez, concertos e outras actividades didácticas completan a programación desta feira que organiza por primeira vez o concello de Ribeira, en colaboración coa Xunta e a Deputación da Coruña.