Consternación en Poio pola morte do edil de Deportes Miguel A. Pazos

    miguel_pazos100.jpgPOIO> Consternación en Poio pola morte do seu edil de Deportes Miguel Anxo Pazos Barros. O político nacionalista foi vítima dun atropelo

    … onte á noite na vila de Marín, onde residía.

    Segundo informou a Policía Local o sinistro aconteceu sobre as once da noite na avenida de Ourense, á altura do número 80. Non se explican como puido ocorrer o atropelo, xa que a rúa estaba ben iluminada e a penas había tráfico. Tampouco se detectou exceso de velocidade por parte do coche que atropelou a Miguel Pazos, e o condutor deu negativo na proba de alcoholemia.

    Pazos foi atendido polo 061 e derivado a un hospital de Vigo onde permaneceu na UVI. Pero xa non se puido salvar. No Concello hoxe non eran capaces de falar e amosáronse desfeitos por esta tráxica nova. De feito hoxe ía haber pleno, que finalmente foi suspendido. Miguel Pazos tiña corenta anos e amais da concellería de Deportes tamén estaba á fronte da Confraría de Pescadores San Telmo e era o vicecoordinador do proxecto Pescanatur desta mesma confraría.

    Redacción Salnés