O PSOE boirense critica ó executivo por non poñer antes en funcionamento o centro de formación

    BOIRO> Segundo eles o alcalde estivo enganando durante tempo ós veciños, sinalando que as instalacións non podían empregarse, cando era mentira. A utilización das instalacións do viveiro de empresas e centro de formación de Espiñeira para a impartición das clases ós alumnos do módulo de xardinería do obradoiro de emprego, vén a evidenciar o que os socialistas levaban sinalando dende hai tempo. Que o edificio no que se investiron 1’3 millóns de euros é válido para ter actividade, ó contrario do que se quería facer ver dende o executivo. Manuel Maneiro lamenta a incapacidade do actual goberno municipal, que como aconteceu con este, ten paralizado tamén outros proxectos importantes como é o caso do paquing da Boqueira de A Negral. Dende as filas socialistas agárdase a que agora coa posta en marcha do centro de formación con este obradoiro de xardinería poidan repararse e mellorarse as instalacións públicas, entre as cales se atopa o Pazo de Goiáns, un inmellorable espazo segundo eles para o desenvolvemento das prácticas deste curso.