Ribeira recoñece os éxitos do patinador local Eizan Calo

RIBEIRA> Con este acto celebrado este mediodía no salón de plenos, presidido polo alcalde, Luís Pérez Barral, e o edil de Deportes, Xabier Vidal, e ó que tamén asistiron familiares, amigos e compañeiros, o Concello quixo tributarlle unha recepción oficial a Eizan Calo, que vén de proclamarse recentemente na localidade italiana de Trieste, Subcampión de Europa de Patinaxe Artísticaen categoría alevín.

O alcalde destacou o papel deste xoven patinador, que leva o nome de Ribeira a tódolos campionatos que vai, tanto a nivel nacional coma internacional.

Visiblemente emocionado, o neno agradeceu o recibimento.

Dende o Concello desexáronlle tamén a maior das sortes nos seus próximos compromisos. Un deles será xa esta fin de semana en barcelona, a onde acudirá xunto a súa irmá Ella, para participar no Campionato de España por parellas en categoría alevín.

Ademais dun diploma conmemorativo, o Concello fíxolle entrega tamén dun cheque regalo para poder canxear no comercio local.