Greenpeace destaca a tres conserveiras da zona polo uso da pesca sostible

    BARBANZA> Greenpeace vén de presentar a segunda edición da súa Guía de Atún 2015 na que se avalía a sostinibilidade das catorce principais marcas do sector en España, entre as que se inclúen Frinsa, Jealsa-Rianxeira e Sálica-Campos, tres conserveiras que operan na nosa área de influencia. Na análise realizada pola organización ecoloxista sinala que estas marcas promoven nos seus produtos, en maior medida que no ano 2013, un atún sostible, pescado con caña e anzol, e capturado con cerco en banco libre. Aínda así segundo Greenpeace a transparencia e a información ós consumidores segue a ser escasa ou deficiente na gran maioría delas, o que dificulta unha elección de produtos sostibles. Por esta razón aluden a necesidade de que estas marcas faciliten unha elección de atún sostible, engadindo no etiquetado información da especie, zona e método de captura para que o consumidor poida exercer unha compra responsable e premiar co seu consumo ás conserveiras e superficies que empregan pesca sostible.