BOIRO> Detidas 5 persoas en Boiro por un presunto delito de tráfico de drogas. A investigación iniciouse tras detectar un incremento dos roubos nas inmediacións dos puntos de venda, cometidos polos compradores das substancias estupefacientes.
A Operación Mansao, desenvolvida pola Garda Civil de Boiro, culminou coa detención de 5 persoas como presuntos autores de delitos contra a saúde pública e pertenza a grupo criminal.
A investigación iniciouse o pasado verán tras detectar un considerable incremento de delitos contra o patrimonio, cometidos polas persoas ás que se lles subministraban as drogas nas inmediacións dos puntos de venda.
No transcurso do operativo, os axentes lograron averiguar a identidade dos compoñentes deste grupo criminal que tomaba diversas medidas de precaución para eludir a vixilancia policial. Entre elas, o cese da actividade cando sospeitaban que podían estar sendo investigadas. O líder do grupo, que conta con antecedentes por delitos similares, tan só mantiña contacto con compradores que subministraba droga a terceiros realizando o resto das vendas os outros compoñentes da organización.
Ademais da detención dos cinco implicados, a operación concluíu coa incautación máis de 90 gramos de heroína, 85 de cocaína, 10 de haxix, 4 de marihuana así como diversos útiles para a manipulación e distribución da droga. Os axentes requisaron tamén preto de 500 euros en moeda fraccionada.











