O modelo de cidade chega a Rúa da Seca e a Ceponzóns

Pontevedra> O modelo de cidade que defende Pontevedra chega as barrios e parroquias da Boa Vila. Esta mañá Demetrio Gómez presentou os proxectos no entorno da Rúa da Seca por un importe de 224 mil euros, e tamén, o de Pidre na parroquia de Cerponzóns por 219 mil euros. Dúas iniciativas onde se prioriza o tráfico peonil e se gañan espazos para o lecer dos veciños. O modelo de cidade de Pontevedra vaise espallando pouco a pouco a todo o municipio. Agora é o quenda da rúa da Seca e do Pidre na parroquia de Cerponzóns. Dous espazos onde a partir dos traballos que realicen dende o concellos, cun investimento de 224 mil euros para a rúa da Seca e de 219 mil euros para Pidre, se priorizará o tráfico peonil e se gañará espazo para o lecer dos veciños. Na rua da Seca inverterase o sentido do tráfico que irá cara ao Camiño Vello de Castela, o tráfico dos vehículos quedará centrando nun extremo e potenciarase unha zona peonil máis ampla. Na parroquia de Cerponzóns en Pidre, haberá calmado de tráfico, modificarase o parque infantil e a praza vaise a elevar para que quede ao mesmo nivel que toda a zona peonil. Entre esa semana e a vindeira o concello reunirase cos veciños destas zonas para recoller as súas achegas. Todo apunta a que os traballos nestas dúas zonas comezarán previsiblemente neste 2017. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/16/novos_proxectos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/16/novos_proxectos.mp4{/flowplayer}