PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra denunciou hoxe unha serie de contratos menores realizados “a dedo e fora de todo concurso público” polo BNG. Entre eles, destacan uns acordos con entidades como Galiza Nova ou a Fundación Galiza Sempre.
O PP de Pontevedra acusou hoxe ao BNG de “clientelismo e nepotismo”. Os populares denunciaron unha serie de contratos realizados “a dedo e fora de todo concurso público” por parte dos nacionalistas. Uns contratos menores entre os que destacan acordos con entidades como Galiza Nova ou a Fundación Galiza Sempre.
Dentro dos contratos denunciados hoxe polo PP hai tres relacionados coas Festas das Peregrinas.
Rafa Domínguez deixou claro que todos estes contratos son legais pero lamentou a pouca ética do BNG en ditos acordos.