ENCE abre o prazo para a presentación de novos proxectos para o seu sexto Plan Social

PONTEVEDRA> En marcha a sexta convocatoria do Plan Social de ENCE. Xa está aberto o prazo para presentar os proxectos candidatos. Poderán facelo ata o vindeiro 18 de xullo. Nesta edición, a pasteira destina tres millóns de euros ao programa, que busca impulsar proxectos que favorezan o desenvolvemento sostible e o benestar dos habitantes de Pontevedra, Marín e Poio. Ata o momento, o Plan Social xa apoiou máis de 1.400 iniciativas.

Dende hoxe e ata o vindeiro 18 de xullo está aberto o prazo de presentación de proxectos no marco do Plan Social de ENCE para este ano. Cun investimento de tres millóns de euros, a iniciativa busca fomentar o desenvolvemento sostible e o benestar da contorna.

Esta é a sexta convocatoria. Dende a súa posta en marcha, o Plan Social apoiou máis de 1.400 proxectos de concellos de Pontevedra, Marín e Poio. Unha vez máis, promovendo iniciativas do eido da inclusión social, a sostibilidade ambiental, a cultura, o emprendemento e o deporte.

Tanto a Xunta de Galicia como a propia empresa destacaron a importancia deste Plan Social que, seis edicións despois está consolidado como unha das iniciativas sociais privadas máis relevantes do Estado.

Os interesados en presentar os seus proxectos poden facelo a través da web www.plansocialence.es. Neste portal tamén están dispoñibles as bases da convocatoria.