A ponte da Barca, cun único carril cara Poio a partir do vindeiro luns

PONTEVEDRA > A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade  aproveitou a rolda de prensa de esta mañá para informar de que as obras de rehabilitación da ponte da Barca obrigarán a cortar un dos carrís de circulación a partir do vindeiro luns. Polo tanto, dende a semana que ven e ata que rematen as obras a ponte servirá soamente para saír da cidade.

A falta dun mes para que remate o prazo para que a rehabilitación integral da ponte da Barca estea lista, a Xunta de Galicia asegurou está mañá que o Concello de Pontevedra non deixa facer traballos nocturnos á empresa que executa as obras.

O Concello respondeu ás declaracións da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, asegurando que si se pararon as obras foi por protestas veciñais.

Ante esta situación, a Xunta informou que a partir do vindeiro luns pecharase un carril, evitando que isto afecta ás horas puntas da mañá. Polo tanto, dende a semana que ven e ata que rematen as obra, a ponte da Barca será soamente de saída. O concelleiro de Mobilidade asegurou que o Goberno local está de acordo con este corte ao tráfico e mostrou a súa colaboración coa Xunta para que a obra estea rematada o antes posible.

A Xunta cree que os traballos de rehabilitación da ponte estenderanse ata finais de marzo.