Localizado o corpo sen vida do santiagués desaparecido nas Escobias

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/busca_desaparecido_boiro_2610151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/busca_desaparecido_boiro_261015.mp4{/flowplayer} BOIRO> A Garda Civil investiga agora as posibles causas da morte, ó aparecer en estrañas circunstancias nunha zona de difícil acceso. Transcorridas menos de vinte e catro horas dende a súa desaparición, a Garda Civil atopaba esta tarde en estrañas circunstancias o seu corpo, na zona das Escobias. Trátase de Jesús María López, de cincuenta anos, veciño de Santiago. A súa familia alertara da súa desaparición esta pasada noite. Ó parecer saíra a facer sendeirismo onte domingo ó redor das tres da tarde pola serra boirense e non regresou ó seu domicilio. O seu vehículo, un Seat Ibiza de cor verde, foi localizado con anterioridade a carón da estrada. Estaba pechado e ben estacionado. Todo apunta a que o falecido, moi afeccionado ós fósiles, puido deixar alí o seu vehículo e iniciar dende alí unha ruta pola serra boirense. Por esta razón, o operativo de rastrexo desenvolveuse por esta zona. Na busca participaron efectivos da Garda Civil de Boiro e persoal do Grupo Municipal de Emerxencias, así como familiares e amigos do desaparecido. Esta tarde tamén colaborou unha unidade canina especializada na localización de persoas.