A falta de fondos deixa no aire as promesas do anterior goberno da Deputación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/12/pavillon_cambados_depo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/12/pavillon_cambados_depo.mp4{/flowplayer}

 

CAMBADOS> A un mes escaso do arranque das clases, o pavillón do instituto Ramón Cabanillas de Cambados aínda está sen equipamentos. As instalacións xa están rematadas, pero aínda non contan con elementos como canastas ou porterías. A Deputación estudará as fórmulas para aportalas, aínda que a actual presidenta criticou a xestión do seu predecesor que, segundo asegura Carmela Silva, deixou as arcas baleiras.

As chaves do seu novo pavillón xa están en mans da directiva do instituto Ramón Cabanillas. As instalacións xa están rematadas e listas para ser usadas coa entrada do novo curso, aínda que polo de momento carece de material. A presidenta da Deputación comprometeuse a estudar a fórmula para solucionar este problema.

Silva non deixou pasar a oportunidade para denunciar a situación na que o seu goberno atopou as arcas provinciais. 

Preguntada en concreto pola difícil situación da asociación cambadesa Esperanza Salnés, que traballa para axudar a nenos con discapacidade, Silva comprometeuse a recibir á súa directiva e á alcaldesa. A entidade ven de pór en marcha unha recollida de fondos para pelexar pola súa continuidade.

A falta de fondos tamén fai que o prometido pavillón para o colexio de Rubiáns quede no aire.

Na súa intención de dar voz aos alcaldes, a presidenta provincial avanzou que manterá un encontro co rexedor vilagarcián, Alberto Varela, para valorar a necesidade destas instalacións.