O Banco de Alimentos busca voluntarios para a ‘Gran Recollida’

PONTEVEDRA>

 

Malia que as grandes cifras da economía apuntan a unha lixeira recuperación da situación de crise, o certo é no día a día, aínda hai moitas familias con serios problemas para sobrevivir e incluso ó borde da pobreza. Así o apuntan desde o Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra, onde neste último ano aumentou incluso a demanda de comida que lle solicitan as ONGs e colectivos cos que traballan. Para responder a esta demanda preparan xa a Gran Recollida Solidaria, que terá lugar a fin de semana do 27 e 28 de novembro en toda Europa.

 

 

En España, cada ano tiramos ó lixo 7,7 millóns de toneladas de alimentos cando hai unha porcentaxe cada vez máis alta da poboación que está a pasar dificultades para cubrir unha comida diaria. Chamar a atención sobre esta práctica e recadar alimentos para aqueles que o precisan é a finalidade da Gran Recollida Solidaria que se celebrará en toda Europa os próximos 27 e 28 de novembro. O Banco de Alimentos de Vigo busca voluntarios para recoller esas doazóns nos 25 hipers e supermercados que polo de agora se sumaron á campaña na cidade de Pontevedra, Sanxenxo, Vilagarcía e Marín.

 

Na campaña do 2014 contaron con 220 voluntarios e este precísanse uns 350. O obxectivo é superar os 49.000 quilos de alimentos que se recolleron o ano pasado neste evento, e poder seguir axudando así ás 24 ONGs e colectivos cos que colabora o Banco de Pontevedra. Entidades que dan servizo a preto de 2.800 persoas. Solítanse alimentos non perecedoiros, e sobre todo leite, galletas e cacao.

 

Os interesados en colaborar poden inscribirse cubrindo o formulario que poden atopar na web do Banco de Alimentos de Vigo (http://www.bancoalimentosvigo.org/hazte-voluntario/), enviando un correo electrónico cos datos persoais a info@bancoalimentosvigo.org ou chamando ó teléfono 986 263 022.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/BANCOALIMENTOSPONTEVEDRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/26/BANCO_ALIMENTOS_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}