A Xunta completa a dixitalización dos sete parques naturais existentes en Galicia

RIBEIRA> A consellería de Medio Ambiente a a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, completarán este ano a dixitalización destes espazos, ós que se lle sumará tamén o Parque Nacional das IIlas Atlánticas e catro aulas da natureza. Será a través dunha plataforma tecnolóxica, facilitando os contidos divulgativos de cada espazo natural, que se poderán visualizar a través de videowalls ou pantallas informativas. Para presentar a iniciativa a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, escolleron o complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o ser este o primeiro espazo natural en contar con cartelería dixital. Seguno explicou a titural de Medio ambiente o que se persegue con esta proposta non é máis que facilitarlle ós visitantes o acceso a información sobre rutas, servizos e patrimonio, así como tamén sobre a flora e a fauna de cada parque ou aula dun xeito lúdico e atractivo.