A ponte sobre a ría noiesa estrea iluminación

NOIA> A actuación, na que o Goberno Galego investiu uns noventa mil euros, permitirá mellorar considerablemente as condicións de seguridade na infraestrutura. Acompañado do responsable de Gas Natural Fenosa, Salvador Gabarró, empresa que colaborou con esta actuación, e tamén da práctica totalidade dos alcaldes da zona, o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de proceder á posta en funcionamento da nova iluminación da ponte sobre a ría noiesa. Unha obra na que a Xunta investiu uns noventa mil euros. Durante a súa intervención Feijoo destacou a importancia desta mellora, que contribuirá a aumentar a seguridade vial na infraestrutura. Tamén aludiu á especial sensibilidade que tivo o Goberno Autonómico con Noia nestes últimos anos, a pesar da crise, onde se investiron uns 250 mil euros, de cara a súa vertebración, desconxestionando o tráfico desta localidade cara a Santiago e Porto do Son. O novo sistema lumínico da ponte está conformada por un total de 546 modernos focos led de baixo consumo que minimizan a contaminación e evitan deslumbramentos ós condutores. Durante o acto un grupo de mariñeiros pertencentes á flota do cerco de Portosín tamén se manifestaron polas proximidades, coa finalidade de dar a coñecer o seu problema e esixir un reparto máis xusto das cotas.