Preocupación entre os pais Boiro ante a morte dun neno por meninxite

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/caso_meninxite_BOIRO_2710151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/27/caso_meninxite_BOIRO_271015.mp4{/flowplayer} BOIRO> Preocupación en Boiro ante o caso de meninxite que lle provocou a morte a un neno de trece meses. A pesar do chamamento á tranquilidade que fan as autoridades sanitarias, este falecemento provocou unha gran alarma social, especialmente entre os pais. Así mesmo, o suceso volve poñer sobre a mesa o debate sobre a retirada da vacina contra o meningococo B do calendario público do SERGAS. A maioría dos pais da escola infantil do Saltiño, a onde asistía o neno falecido, optaron por non levar hoxe ós alumnos ó centro. Dende Sanidade entenden a preocupación pero insisten en que, unha vez en marcha o protocolo de control, non existen risco de contaxio. Á espera da confirmación dos resultados que confirmen que o falecemento produciuse polo meningococo B, as autoridades sanitarias insisten en que non son frecuentes as epidemias neste tipo de enfermidades nas que adoitan darse casos illados. A pesar do chamamento á tranquilidade, o suceso xerou unha gran preocupación entre os pais da zona, máxime cando o meningococo B non forma parte do calendario público de vacinación. A retirada da vacina causou un fondo malestar non só entre os pacientes senón entre a propia comunidade médica xa que os pediatras recomendan a súa administración. O Ministerio de Sanidade viuse obrigado a autorizar, dende o pasado un de outubro, a venda da vacina en farmacias. O custo de cada dose ascende a cento quince euros.