O informe do secretario municipal esclarecerá a polémica sobre o nomeamento de fillos adoptivos

    POBRA> O goberno da Pobra presentará nos próximos días o informe do secretario municipal en relación á validez do nomeamento dos fillos adoptivos do concello. Mentres tanto piden ó PP a máxima prudencia ante as valoracións realizadas a pasada semana nas que o voceiro popular consideraba aprobada a distinción de Anxo Rei Ballesteros. O voceiro do Partido Popular na Pobra afirmaba que non son necesarios os dous terzos da corporación para outorgar a distinción de fillo adoptivo. Algo que poñen en dúbida os membros do goberno en base ó regulamento municipal. Apelando á máxima prudencia o alcalde anunciou que comparecerá este martes en rolda de prensa para dar conta das conclusións do informe do secretario municipal, o único que ten competencia para determinar a validez ou non do acordo plenario. De ser precisos os dous terzos, a legalidade dos outros títulos de fillos adoptivos que ostentan Gerardo Fernández Albor e Segundo Durán, estaría en dúbida.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí