O rexedor rianxeiro lamenta a baixa experimentada na contía destinada as ARI

    RIANXO> Adolfo Muíños criticou o nulo investimento nesta convocatoria por parte da Xunta. Xunto a Noia e Muros, Rianxo será novamente outro dos concellos que se beneficiará deste programa de rehabilitación de vivendas nas áreas urbanas que promove o ministerio de Fomento. Rianxo forma parte deste iniciativa dende o seu comezo, alá polo ano 2009. Dende aquela conseguiron rehabilitarse unhas oitenta vivendas, a maioría delas asentadas no propio casco urbano, en Rianxiño e tamén en Fincheira cun montante económico que superou os tres millóns de euros, sumando o investimento das tres Administracións implicadas: Goberno Central, Goberno Autonómico e Concello, así como tamén as aportacións realizadas por cada propietario. Aínda así, esta nova convocatoria déixalle ó executivo local un certo sabor agridoce, xa que a cantidade subvencionada este ano será moi inferior á doutros anos, preto dos 45 mil euros, o que deixará fóra a moios inmobles. Dende o concello rianxeiro consideran ademais que o retraso na concesión das axudas provocou que as ARI tiveran que reformular tamén os seus proxectos, ó dispor de menos tempo para a súa execución. A intención do concello pasa tamén por conseguir a ampliación deste programa a algún dos núcleos rurais existentes no municipio.