O BNG de Noia demanda a emisión do último pleno municipal

NOIA> O BNG de Noia demanda que se emita o último pleno da corporación celebrado hai dúas semanas. Instan ademais ó executivo a poñer en marcha os acordos aprobados para facer fronte á crise da COVID-19.

Dúas semanas despois da celebración do pleno de Noia por vía telemática, os nacionalisats botan de menos que se teña publicado a sesión para que estea a disposición de toda a cidadanía.

No transcurso dese pleno, o BNG volveu demandar o cumprimento dos acordos acadados na comisión COVID19 enfocados ó incremento dos fondos para emerxencia social e reactivación económica.

Por último, os nacionalistas tenden a man ó goberno para elaborar uns novos orzamentos adaptados ó novo contexto socioeconómico derivado da crise do coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí