Os vermús vólvense a encher de música en Arousa Norte

BOIRO> Volve unha nova edición dos ‘Vermús Musicais’ de Arousa Norte. A iniciativa presentada esta mañá en Boiro arrancará esta vindeira fin de semana con catro concertos simultáneos nos catro concellos que integran a Mancomunidade.

A música volverá a ser protagonista este verán en Arousa Norte, da man dunha nova edición dos ‘Vermús Musicais’. A iniciativa impulsada pola Pousada Producións, arrancará xa esta vindeira fin de semana con catro concertos simultáneos nos catro concellos que integran a Mancomunidade. Será tódolos domingos deste mes de agosto.

O cartel deste ano dos grupos participantes será do máis variado, tocando tódolos gustos musicais dende o soul, á música clásica, pasando polo rock ou o jazz.

Con este tipo de iniciativas Arousa Norte pretende contribuír ó fomento do turismo, ó tempo que se remarca tamén o seu carácter cultural.