O concello de Boiro abre unha investigación polas denuncias das mulleres vítimas de violencia de xénero

BOIRO> A corporación municipal de Boiro celebrou onte pola noite o pleno ordinario de xaneiro.

Na orde do día tres temas que a priori non ían a xerar moita controversia: a aprobación inicial do Plan Forestal Municipal e do ditame de proxectos e solicitude de subvencións e por outra unha moción presentada por IC Boiro relativa a instalación de puntos de recarga nos parkings do Concello.

Foi esta última formación a que decidiu meter tamén por urxencia outra moción para analizar a polémica xurdida a raíz da denuncia dun grupo de mulleres vítimas de violencia de xénero polo trato denigrante recibido por parte do Concello, e máis concretamente da actual responsable do Centro de Información á Muller.

Os grupos da oposición aproveitaron para afearlle ó goberno local o trato dispensado a estas mulleres, pedíndolle explicacións polo acontecido.

Distinta versión a ofrecida polo grupo de goberno, que di estar sorprendidos por esta situación.

Aínda así sinalaroron que tratarán de recadar toda a información coa apertura dunha investigación antes de tomar unha decisión en firme ó respecto, aínda que sospeitan de onde vén a orixe do problema.

Tanto o alcalde coma a edil de Igualdade foron máis alá e aludiron a unha utilización política dun problema tan grave co único fin de conseguir un rédito electoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí