Cinco membros do Fontecarmoa optan a gañar no Open McDonalds Vilagarcía de xadrez

VILAGARCÍA> Este sábado, o xadrez volve a Vilagarcía. A vila acolle o noveno Open McDonalds Vilagarcía, a última proba do circuíto promoción da Federación Galega de Xadrez e que agarda reunir a preto de 180 xogadores. O Club Fontecarmoa afronta esta cita con cinco candidatos a gañar algún dos títulos.

 

O Club Xadrez Fontecarmoa, a Federación Galega deste deporte, o concello de Vilagarcía e o restaurante McDonalds da vila danse a man por novena vez para celebrar o Open McDonalds Vilagarcía, a última proba do circuíto promoción.

As previsións apuntan a que serán preto de 180 os xogadores das categorías base que se darán cita en Vilagarcía. O Fontecarmoa chega con varias opcións de título: concretamente, cinco dos seus membros optan aos primeiros postos.

A cita será o sábado todo o día. A proba arrancará ás 10.30 coa recepción dos xogadores con roldas a partires das 11. Pola tarde, xogarase entre as 4 e as 8 da tarde. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/xadrez_macdonalds.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/04/xadrez_macdonalds.mp4{/flowplayer}