Arranca este sábado a Liga local de Orientación

PONTEVEDRA> Este sábado arranca en Pontevedra a Liga local de Orientación, Aromon. A primeira proba celebrarase no Lago Castiñeiras, e ven confirmar a aposta do concello por fomentar este deporte en colaboración co club A Roelo Montañeiros.

Os amantes da natureza teñen este sábado unha atractiva cita en Pontevedra. No Lago Castiñeiras celebrarase a primeira proba da Liga Local de Orientación, que este ano cumpre a súa terceira edición.

A saída estará aberta dende as 10 e media ata as 12 e media da mañá. A súa intención é atraer á xente para comezar neste deporte, polo que os afeccionados contarán co apoio de federados do club.

Na organización da liga, o club A Roelo Montañeiros conta co apoio do concello, que confirma a súa aposta por un deporte que cada vez ten máis seguidores en Pontevedra.

A inscrición para participar nesta proba estará aberta ata o xoves ás 10 da noite. ademais, o calendario da liga inclúe outras tres probas que se celebrarán o 27 de abril en Hermelo, Bueu, o 15 de xuño na Escusa, no concello de Poio e o 11 de outubro en Mourente, no parque de verán do Mercantil.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/12/liga_local_orientacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/12/liga_local_orientacion.mp4{/flowplayer}