Pablo Otero e Sandra Mosquera vencen na VIII Carreira Popular de Rianxo

RIANXO> A festividade de Tódolos Santos e ó bo tempo existente fixo se cabe máis animada a carreira, que este ano chegou a súa oitava edición.

Baixo a organización do departamento de Deportes, na proba tomaron parte uns oitocentos corredores, sumando tódalas categorías, dende os máis pequenos ata veteranos, pasando tamén pola modalidade de ‘sapatilla’ inclusiva.

Os primeiros en saír, como sempre, os máis pequenos. Na praza Castelao estableceuse o punto de saída e de chegada, ofrecendo trazados con diferentes distancias, acordes a cada unha das idades en competición.

Aínda así a atención estivo centrada na categoría absoluta. Baixo unha distancia de dez quilómetros, os máis de catrocentos corredores debían dar tres voltas a un circuíto urbano.

O vencedor na categoría absoluta masculina foi Pablo Otero cun tempo de 31:44. Por detrás del entraron Hugo García e Rubén Diz, o primeiro a tan só nove segundos e o segundo a 27.

Na categoría feminina a vitoria foi para Sandra Mosquera. parou o cronómetro en 37:13. En segunda posición entrou  Silvia García e de terceira Rocío Alvite.

Unha vez rematada a carreira procedeuse a entrega de premios ós gañadores de cada categoría, nun acto que contou coa presenza do alcalde, Adolfo Muíños, e o edil de Deportes Xusto Ordoñez.

A proba formaba parte ademais do circuíto provincial da Deputación da Coruña e tamén do circuíto Barbanza Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí